Semanas de collage, en Nocturnia e no tallerdepolo

Semanas adicadas ao colaxe, con un taller de Nocturnia de “Colaxe da Natureza” dentro do programa de ocio saudable para mocidade , con idades de entre 12 e 30 anos. Un programa máis necesario ca nunca, adicando tempo de calidade ás persoas máis novas que necesitan atención e estímulo nun momento en que o seu futuro semella “tambalearse” E os sábados pola mañá, no tallerdepolo temos tamén un tempo precioso adicado á mocidade, para persoas a partir de dez anos de idade. Un tempo de expresión, de compartir descubrimentos e formarnos na expresión plástica, pensando dende xa nun futuro cheo de creatividade. O sábado achegámonos tamén ao colaxe, para algunhas por primeira vez, e veredes que fermosos traballos saíron de ámbalas dúas experiencias. Decirvos que o día 4 de Xuño imparto de novo taller en Nocturnia: Mail art “Free as a bird” vai ser un taller de arte postal súper chulo coa liberdade como protagonista , non o perdas! E o día 18 de Xuño o “Taller súperpoderes de cóm...